Coñece o profesorado que participará no Merza Percusión 2024.
EVA CATALÀ, batería e percusión latina
Batería, percusionista, compositora e improvisadora.
BIO
Eva Català Sánchez é considerada como unha das voces emerxentes máis prometedoras do panorama español de jazz e músicas do mundo.
Nada en València en 1998, pronto empezou a colaborar con numerosos proxectos nacionais e internacionais, cos que participou como artista convidada en múltiples festivais de renome mundial entre os que destacan o Jazzaldia, o Festival Jazz Plaza (Cuba), o Festival JazzMadrid ou o Festival Eurovenezolano de Jazz (Venezuela) entre outros.
Eva formouse no Conservatorio de música de Valencia, a prestixiosa Berklee College of Music e a famosa Codarts University of Performing Arts de Róterdam (Países Baixos).
Tamén forma parte de Sedajazz Colectivo de Músicos, que é a institución máis antiga en España que promociona o jazz, na cal Eva empezou a formarse nesta música.
Esta combinación de educación e experiencia en interpretación levou a Eva a atopar un son único como compositora, arreglista e percusionista, reducindo a brecha entre o jazz moderno, a música latina e os enfoques clásicos contemporáneos.
TON RISCO, vibráfono e improvisación
Batería, vibráfono e improvisación.
BIO
Ton Risco é licenciado en percusión clásica e vibráfono jazz no Real Conservatorio da Haya (Países Baixos). Recibiu clases do vibrafonista Joe Locke en New York, Dave Samuels e Tony Micelli na Universidade de Delaware (New Yersey) e de David Friedman en Berlín.
O seu carácter ecléctico lévao a colaborar con unha gran variedade de artistas entre os que destacan Steve Reich, Metropole Orkest (Amsterdam), Kenny Werner, Asko Ensemble (Amsterdam), Jorge Pardo, Chano Domínguez, Carles Benavent, Abe Rábade, Michel Godard, Tino di Geraldo, Bob Sands Bigband, Immaculate Fools, Juan Perro, Bobby Martínez, Andreas Pritwitz, entre outros.
Participou en festivais coma International Body Music Festival (Dzodze, Ghana), Festival de Jazz de Madrid, Zeltsman Marimba Festival (Wisconsin, USA), Breda Jazz Festival, Festival de Jazz de Terrassa, River Jazz Festival (Croacia), Steve Reich Festival ou Tai Pei International Percussion Convention (TIPC) en Taiwán.
Nos últimos anos, centra a súa actividade na música improvisada como vibrafonista e batería en numerosas formacións, compaxinando a súa faceta de músico freelance coa docencia no Conservatorio Profesional de Santiago de Compostela.
ALBERTO RODRÍGUEZ, ensemble e percusión clásica
BIO
Alberto Rodríguez Rodríguez comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música da súa cidade natal, Salamanca. Máis tarde múdase Países Baixos para cursar os estudos superiores de percusión clásica no Conservatorio de Ámsterdam. Durante a tempada 2019/20 forma parte da Academia da Concertgebouworkest onde profundiza na práctica da percusión orquestral.
Tras graduarse do master de percusión orquestral, ocupa a praza de Percusionista Solista na Arctic Philharmonic en Noruega durante a tempada 2021/2022.
Alberto colabora con diferentes orquestras no ámbito nacional e internacional como a Euskadiko Orkestra, Róterdan Philharmonic ou Concertgebouworkest. A súa actividade orquestral levoulle a ofrecer concertos nos auditorios máis prestixiosos de Europa como o Concertgebouw de Ámsterdam, o Philharmonie de Berlín ou o Elbphilharmonie de Hamburgo e traballar baixo a batuta dos directores máis recoñecidos da súa época como Andris Nelsons, Klaus Makela ou Ivan Fischer.
Actualmente, Alberto traballa como profesor de percusión no Conservatorio Profesional de música de Palencia.
ANDRÉS RIVERO, percusión brasileira
BIO
De formación autodidacta, investigou e formouse xunto a grandes mestres da percusión
afrobrasileira e afromandinga como Mamady Keita, Harouma Dembelé, Baba Touré, Mario Pam,
Rodrigo Vasquez Suit, Paulo Silva, Gabi Guedes, Marivaldo Paim, «Memeu» de Olodum, Patiño
«Axé», Bira Santos, Jaír Rezende, Ícaro Sá, Nei Sacramento, Dendê Macedo ou Crá Rosa, entre
moitos outros, tanto na Península Ibérica como en Salvador de Baía ou Guinea Bissau.
A súa experiencia docente comezou en 2011 como profesor de percusión afrobrasileira na «Escola
Prucupá», de Trópico de Grelos. Ese mesmo ano comezou a dar talleres grupais e clases regulares,
tanto de percusión africana como afrobrasileira, no seo doutros proxectos. Ten formado parte do
equipo docente no Curso de Percusión de Merza en 8 edicións dende 2012.
Dende 2020 atópase inmerso no seu proxecto Latexo Percusión, que dirixe tanto na súa rama
artística como formativa.
FRAN MARK, body percussion e reciclados
BIO
Comezou os estudos no CMUS PROFESIONAL DE
VIGO, trasladándose logo a Madrid onde cursa estudos superiores no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid e entra en contacto coa compañía Toompak, combinando o mundo da percusión con outras disciplinas artísticas como comedia xestual, clown, danza e percusión corporal.
Nos últimos anos ven formando parte do elenco de diversas compañías como Trash the Company, La Fura dels Baus ou Yllana.
LUCAS DE CENTI, laboratorio percusión electrónica
BIO
Graduado en Jazz na ESML e mestrado en educación na USC.
Nado na Coruña e afincando na Pobra de Trives, a súa carreira musical tense centrado especialmente no universo da música pop, onde participa en diferentes proxectos como Néboa, Mocho Gris ou Mel. Nos últimos anos ten colaborado con artistas como Baiuca, Antía Muíño ou Aliboria.
FERNÁN MEJUTO, laboratorio percusión electrónica
BIO
Graduado en Jazz no Royal Conservatory den Haag e mestrado en Codarts University.
Nado na Coruña e afincado nos Países Baixos, o seu percorrido artístico abarca diferentes campos, desde a música para cinema até os seus propios proxectos musicais. O seu traballo caracterízase por unha intensa exploración de diferentes estilos e instrumentos musicais.