MerzaDrums

O MerzaDrums é unha nova modalidade orientada a baterías e percusionista que queiran complementar a súa formación ou expandir os seus recursos.

IMPORTANTE! Para apuntarte ó MerzaDrums precisas dedicarte principalmente á batería, sexa de nivel básico, intermedio ou avanzado. Se es percusionista e non estás dedicado á batería ou tocas a batería só esporádicamente, a opción recomentada é a modalidade “MerzaPercusión”, onde disporás de formación en batería entre as aulas formativas que se ofrecen.

Anímate a formar parte da primeira edición do MerzaDrums e compartir a experiencia con un maravilloso equipo de profesores e toda a comunidade do Merzapercusión.

FORMATO DO CURSO

O MerzaDrums desenvolverase ó longo de 4 xornadas. En cada unha delas haberá varias sesións matianais nas cales se abordarán diferentes materias, así como formación complementaria sobre técnica e combo de batería.

MATERIAS

  1. METODOLOXÍA DO ESTUDIO DA BATERÍA: aplicación práctica das diferentes técnicas ó estudo da batería.
  2. ENTRENAMENTO RÍTMICO: desenrolo do oído interno rítmico como fundamento para o rol do batería.
  3. HISTORIA E TECNOLOXÍA DA BATERÍA: coñece porqué a batería é tal e como a coñecemos.
  4. LINGUAXE E ESTILO: coñece as claves e fundamentos dos principais estilos de música.

Ademáis, os participantes do MerzaDrums terán acceso a actividades complementarias que se realizan polas tardes como masterclases, concursos e charlas. Tamén poderán disfrutar da oferta de concertos do Festival Internacional de Percusión (FIP) que se desenvolve de forma paralela ó curso.

QUE SERVIZOS OFRECEMOS?

Ademáis de todos os contidos do curso, actividades e concertos ós que che da acceso a matrícula, ofrecemos tamén aloxamento e manutención así como un equipo de monitoras que acompañarán e supervisarán ós menores de idade.

O aloxamento ubícase nun pavillón habilitado e preparado con literas e nas aulas do Colexio de Merza. O aloxamento organízase por grupos de idade e por sexo. A manutención inclúe pensión completa (desaiuno, xantar e cea) e contamoe con un servizo profesional de catering e un menú variado.

Ademáis contamos cun equipo de monitoras cualificadas e con experiencia previa no Merzapercusión que acompañarán e supervisarán ós menores de Idade durante o horario non lectivo e o tempo libre. Proporcionaremos no día da recepción un teléfono de contacto e un horario para poder contactar con aquel alumnado que non dispoña de teléfono mobil.

Para máis información consulta o apartado de profesorado e inscrición.