MerzaPercusión

Chega a 19ª edición dun dos cursos con máis traxectoria, o Merzapercusión. Este ano terá lugar en Merza (Pontevedra) do 17 ó 21 de xullo, sendo o 17 o día de recepción de alumnado e o 21 o remate do curso co “Merza Reunion”: o concerto a cargo de todo o alumnado para todas as familias e público que nos queiran acompañar

No corazón do rural galego en Merza (Pontevedra) e bañados polo río Deza, creamos un contexto natural e relaxado para que xóvenes e artistas nacionais e internacionais aprendan, se divirtan e medren como persoas a través da percusión.

A quen vai dirixido?

  • Rapazas e rapaces maiores de 9 anos (ou que vaian cumplilos neste 2024) que están dando os seus primeiros pasos na percusión tanto en escola de música, banda ou conservatorio.
  • Estudantes de grado profesional ou nivel intermedio que queiran expandir e complementar a súa formación e experimentar a percusión nas súas diferentes vertentes musicais e creativas.
  • Alumnos de grao superior ou nivel avanzado que queiran complementar a formación clásica aprendendo doutros estilos, técnicas e instrumentos.

O curso terá unha duración de catro días e ofrece a todos os participantes un formato con clases grupais, actividades complementarias e a asistencia ós concertos do Festival Internacional de Percusión.

Información

FORMATO DO CURSO
– Formato de clase orientado a traballar en grupo: as clases serán colectivas, clasificando o alumnado en diferentes grupos segundo o curso e o nivel.
– Diferentes áreas: aula clásico/contemporáneo, aula corporal e reciclados, aula brasileiro e aula de percusión de man e batería. Cada mañá hai 4 sesións de clases onde o alumnado participará en cada unha das diferentes aulas.
– Actividades complementarias: masterclases, talleres e concursos. Estas actividades realizaranse polas tarde e están dirixidas a todo o alumnado como complemento de formación ás aulas.

– Participación activa no Concerto Final do Alumnado: O «Merza Reunion» é o proxecto que culmina o curso onde os alumnos e alumnas poñen sobre o escenario o traballo das catro xornadas que dura o curso.
– Asistencia ós concertos diarios do Festival Internacional de Percusión (FIP): en paralelo ó curso desenvólvese unha intensa programación de concertos abertos a todo o público a cargo de profesores, artistas e grupos convidados.

QUE SERVIZOS OFRECEMOS?

Ademáis de todos os contidos do curso, actividades e concertos ós que che da acceso a matrícula, ofrecemos tamén aloxamento e manutención así como un equipo de monitoras que acompañarán e supervisarán ós menores de idade.

O aloxamento ubícase nun pavillón habilitado e preparado con literas e nas aulas do Colexio de Merza. O aloxamento organízase por grupos de idade e por sexo. A manutención inclúe pensión completa (desaiuno, xantar e cea) e contamoe con un servizo profesional de catering e un menú variado.

Ademáis contamos cun equipo de monitoras cualificadas e con experiencia previa no Merzapercusión que acompañarán e supervisarán ós menores de Idade durante o horario non lectivo e o tempo libre. Proporcionaremos no día da recepción un teléfono de contacto e un horario para poder contactar con aquel alumnado que non dispoña de teléfono mobil.

Para máis información consulta o apartado de profesorado e inscrición.