Profesorado Merza Avanzado

ACTEA JIMÉNEZ | TIMBAIS

Actea Jiménez realiza os seus estudos no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Durante esta etapa forma parte da JONDE, EGO e SHMF.

En 2015 obtén o Master no Maastricht Conservatorium e, un ano máis tarde, obtén a praza de solista de timbal na Het Gelders Orkest. 

Frecuentemente colabora con orquestas nacionais e internacionais e participou en diversos traballos discográficos con Brass Ensemble of the Lucerne Festival Orchestra ou Natalia Ensemble, entre outros. 

Actualmente é solista de timbal na Bilbao Orkestra Sinfonikoa e ofrece regularmente clases maxistrais. 

 

MARK BRAAFHART | REPERTORIO ORQUESTAL E CAIXA

Mark estudou no Conservatorium van Amsterdam. Durante esta etapa, colabora frecuentemente coa Concertgebouworkest.

Despois de tres anos sendo membro da Rotterdam Philharmonic Orchestra, en 2008 gana a praza da Concertgebouworkest, tomando o relevo do seu profesor Jan Pustjens. 

Ademais da súa labor como percusionista de orquesta, Mark é profesor no Conservatorium van Amsterdam, colabora con distintas agrupacións de música de cámara e imparte numerosas clases maxistrais. 

 

NOÈ RODRIGO | REPERTORIO SOLISTA

Noè é un xove solista español que desenvolve a súa actividade ao redor da música contemporánea e de nova creación. É percusionista do AskoISchönberg ensemble e colabora con diferentes ensembles e orquestras ao redor do mundo.

Foi invitado a festivais como Printemps des Arts Monte-Carlo, Festival de Granada, Festival de Edimburgo (no que actuou como solista coa Scottish Chamber Orchestra), Palau de la Música Catalana, Elbphilharmonie, Pierre Boulez Saal, L’Auditori (solista coa Banda Municipal de Barcelona), Teatro Monumental (solista coa Orquesta da RTVE) ou o ADDA en Alicante, entre outros. 

É catedrático interino do Conservatorio Superior de Música de Castilla y León. En 2023 publica PARAULES, baixo o selo IBS Classical.