Coñece ó profesorado do MerzaDrum!
DANI DOMÍNGUEZ, batería e director artístico MerzaDrums
BIO
➡️ É un dos baterías máis solicitados do territorio nacional. Con case 30 anos de carreira profesional, o seu recoñecemento e prestixio abarca as escenas do jazz (Guillermo Klein, Ben Monder, Seamus Blake, Perico Sambeat), o flamenco (Jorge Pardo, Chano Domínguez, Juanfe Pérez, Diego Guerrero) ou o HipHop (Kaseo Jazz Magnetism, Mala Rodríguez, Elphomega).
➡️ Percorreu os principais escenarios de todo o mundo (Blue Note e Lincoln Center en Nova York, Teatro Nacional de Vietnam, Estadio Obras en Buenos Aires, Auditorio Nacional de Madrid, Teatro do Liceu en Barcelona) e atesoura máis de 60 gravacións (con múltiples premios para “Kaseo Jazz Magnetism” ou as dúas nominacións Latin Grammy a Mellor Disco de Flamenco), ademais de producións para artistas tan dispares como Antilopez ou Elphomega.
➡️ Como docente, impartiu clases durante anos no ELCAMM, agora centro superior de Jazz de Málaga, e masterclasses en Estudo Escola de Música (Santiago de Compostela), na aula de Jazz da Universidade de Cádiz, no Conservatorio Superior das Illas Balears (Mallorca), ou na Universidade do Bosque (Bogotá, Colombia).
PEPELU BLANCO, batería metal e directos artístico MerzaDrums
BIO
➡️ Con tan só catro anos comezou os seus estudos musicais ena Escola de música de Bandeira cos profesores Luis Amosa, Juan Collazo e Iván Ortega.
Aínda que nos seus inicios coa batería estaba arraigado ó rock clásico, Pepelu foi absorbendo influencias de artistas da talla de Mike Portnoy, Joey Jordison ou Ray Luzier, comezando a interesarse polo xénero do metal.
➡️ Pepelu descríbese como músico de directo e improvisación. É coñecido por formar parte de distintas agrupacións musicais e colaborar con artistas de renome tocando por todo o territorio galego. Actualmente compaxina a súa faceta artística coa de docente, impartindo clases de batería en Bandeira e Silleda.
BORJA BARRUETA, creador e investigador de novos sons
BIO
➡️ Natural de Bilbao, Borja Barrueta é un músico recoñecido internacionalmente, creador e investigador de novos sons, dotado dunha gran habilidade na batería que lle permitiu transitar durante a súa carreira profesional por distintos estilos musicais dunha forma creativa e persoal.
➡️ A súa musicalidade e versatilidade posibilitoulle colaborar cun gran número de artistas nacionais e internacionais, o que lle levou a tocar en multitude de escenarios, desde grandes festivais ata teatros emblemáticos como o Carnegie Hall de Nova York, o Liceu de Barcelona, o Auditorio Nacional de México, o Teatro Gran Rex de Buenos Aires, ou no pequeno pero xa mítico Tiny Desk de Washington.
➡️ Entre os artistas cos que Barrueta puido compartir escenario ou sesións de gravación atópanse nomes como Perico Sambeat, Antonio Serrano, Javier Colina, Jorge Rossy, Jorge Pardo, Ara Malikian, Josemi Carmona, Depedro, Rocío Márquez, Rosario La tremendita, Javier Vercher, Albert Sanz, Moisés P. Sánchez, Carmen Paris, Buika.
Con case un centenar de discos gravados ao longo da súa carreira, colaborou con produtores como Lee Towsend, Suso Saiz, Carlos Raya, Matías Cella, Carles “Campi” Campón, Juan Campodónico, Gustavo Guerrero.
➡️ Tamén participou na gravación de varias bandas sonoras para cinema baixo a dirección de Alberto Iglesias, Fernando Velázquez ou Aránzazu Calleja.
No 2014 publicou LïLAP, o seu primeiro disco con música orixinal composta a partir dun Lap Steel. Foi producido por Carlos Raya e gravado para Moskito Records.
Desde o ano 2005 Borja grava e acompaña en directo ao aclamado compositor Uruguaio Jorge Drexler.
LUCAS DE CENTI, laboratorio de baterías electrónicas
BIO
Graduado en Jazz na ESML e mestrado en educación na USC.Nado na Coruña e afincando na Pobra de Trives, a súa carreira musical tense centrado especialmente no universo da música pop, onde participa en diferentes proxectos como Néboa, Mocho Gris ou Mel. Nos últimos anos ten colaborado con artistas como Baiuca, Antía Muíño ou Aliboria. |
FERNÁN MEJUTO, laboratorio de baterías electrónicas
BIO
Graduado en Jazz no Royal Conservatory den Haag e mestrado en Codarts University.
Nado na Coruña e afincado nos Países Baixos, o seu percorrido artístico abarca diferentes campos, desde a música para cinema até os seus propios proxectos musicais. O seu traballo caracterízase por unha intensa exploración de diferentes estilos e instrumentos musicais.